Portal de tu Ciudad Alta

29/06/2010

Circo Europa Party

📍 Salón Teatro Rúa Nova, 34

Horario: 21:30

Organizada pola asociación Pistacinco, a Festa do Circo é unha gala na que participan un número variable de artistas de circo, locais e convidados, creado nun tempo récord un espectáculo único, cunha temática especial para cada ocasión e destinado para ser consumido inmediatamente por un público que cada ano acode fielmente á cita.

En 2010, con ocasión da celebración en Santiago do I Encontro Jeunes Talents Cirque Europe, a Festa do Circo convértese na I Circo Europa Party. No Salón Teatro, os artistas locais en Santiago encárganse de preparar todo o necesario para a posta en escena: banda de música en directo, presentacións, escenografía, publicidade, público, rexedor, produción, dirección... Os artistas convidados de Jeunes Talents Cirque Europe traerán as súas rutinas e números de circo ben preparados. E o público poderá gozar no Salón Teatro desta explosión de creatividade.