Portal de tu Ciudad Alta

25/10/2012

ARCH ENEMY Compostela Rock

📍 Sala Capitol Rúa Concepción Arenal 5

🎟️ 26 euros + gastos distribución (anticipada) / 30 euros (día concierto)

Horario: 21.00

ARCH ENEMY están de volta!

E fano tras o lanzamento de “Khaos Legions” o seu esperadísimo último traballo. Catorce novos temas co inconfundible e característico son dos irmáns Amott, que deixarán sen alento a toda a súa lexión de fans.

Teremos a oportunidade de gozar de catro datas do ‘World Khaos Tour’ onde a excepcional Angela Gossow xunto coa Michael Amott e o recente novo guitarrista da banda Nick Cordle (Arsis) non só presentarán o seu impresionante último disco, senón que tamén farán un repaso do  mellor da súa carreira.

Con “Khaos Legions” exploran o seu lado máis extremo, un disco cheo de forza e agresividade que se traduce nun dos mellores directos de que se poida gozar hoxe día. Todo iso, sen esquecer as particulares melodías que os caracterizan e diferencian do resto de bandas, un selo persoal que os fai únicos non só encima do escenario.

Foron catro anos nos que non editaron material novo, tras o lanzamento en 2007 de ‘Rise Of The Tyrant’ a banda meteuse de cheo nun extenso tour que deu como resultado a edición do seu directo ‘Tyrants Of The Rising Sun’.

Tras a edición dun completo disco homenaxe ás súas bandas imprescindibles, ‘The Root Of All Evil’, Michael Amott asegura: “’The Root Of All Evil’ foi moi divertido de facer, pero non supuxo un auténtico traballo creativo.  Non era material novo para nós, tiñamos ganas de sentarnos no estudo a gravar todas esas cousas sobre as que estiveramos falando no backstage durante os últimos anos.  Tamén eramos conscientes de que, tras catro anos, debiamos volver con material realmente bo; xa fixeramos esperar aos fans bastante’.

E sen dúbida “Khaos Legions” ben mereceu a espera, temas como BloodStained Cross e o incrible Under Black Flags We March conectan co máis extremo da banda, melodías frescas e sempre coa inconfundible voz de Angela Gossow como  pano de fondo. Gossow resume “Khaos Legions” nunha soa frase: “Demos o cento por cento con este álbum. Tómao ou déixao”

Como convidados de luxo estarán os Canadenses VOIVOD. Fundados en 1982 polo seu guitarrista Piggy (RIP) son un dos maiores estandartes do Thrash Metal Progresivo de todos os tempos e sen dúbida todo un referente. Nesta próxima xira Europea traerán o seu esperado novo álbum debaixo do brazo “Target Earth”, o primeiro con “Chewy” como membro oficial da banda á guitarra.