28/11/2012
THE WINNING NUMBERS
📍 Zona C (Bonaval)
🎟️ 6 euros + gastos distribución (anticipada) / 8 euros (día conceirto)
Horario: 21:30
The Winning Numbers nace en 2009, despois de longos e intensos anos en varios proxectos musicais, a raiz da súa outra banda de versións de clásicos dos anos sesenta chamada The Oldies. Tal é a súa admiración polo beat-pop da época, capitaneado polos admirados The Beatles, que deciden crear as súas propias composicións formando este trío básico de guitarra, baixo e batería na que a sinxeleza e efectividade de música e letras forman o seu aceno de identidade.
Fixan a súa sede na Guarda (Pontevedra), unha localidade da costa galega con gran afluencia de bandas de diversos estilos, e co único fin de crear cancións animadas baseadas na melodía e o ritmo, facilmente recoñecibles e pegadizas. Desde o comezo, o seu maior propósito é o de chegar a todo tipo de público, deixando ao un lado os seus gustos, idades, estilos... e levando a cabo todo tipo de actividades para dar a coñecer a súa música, sen máis pretensións que a de ser escoitados.