Portal de tu Ciudad Alta

01/12/2012

ROSA DE DOUS AROMAS

📍 Teatro Principal Rúa Nova 21

🎟️ 10 euros / 6 euros (anfiteatro)

Horario: 21:00

‘Rosa de Dous Aromas’ é unha das obras máis coñecidas do escritor mexicano Emilio Carballido, morto no ano 2008, despois de 82 anos de vida e unha extensa produción literaria. Esta obra trata de dúas mulleres, e os conflitos que xorden entre elas no interior dun cárcere. A adaptación que presentamos é unha visión do teatro como vehículo que achega ao ser humano á súa identidade, tal e como expresaba o propio dramaturgo mexicano.

‘Rosa de dous aromas’ retrata a realidade do amor mal entendido, a necesidade e a obsesión que ás veces os seres humanos exhiben cando se senten namorados. Pon de manifesto que aínda que a cordura e a razón ditaminen que abandonar a ese home é o que se debe facer, moitas veces o camiño escollido é outro. As xustificacións abundan: os nenos, o medo á soidade, a dependencia económica. Mil e unha escusas para non facer o que se debe facer. Esta é a ruta que transitan Marlén e Gabriela, as nosas protagonistas, aínda que darase a coñecer a verdadeira intención do destino que uniu a estas mulleres.

Teatro en feminino, cun reparto artístico e técnico de luxo, que permitirá ó espectador adentrarse no complexo mundo dos sentimentos das mulleres.