Portal de tu Ciudad Alta

12/12/2012

GHARBO!

📍 Teatro Principal Rúa Nova 21

🎟️ 8 euros / 5 euros (anfiteatro)

Horario: 21:00

O Centro Coreográfico Galego (CCG) coproduce na presente temporada escénica 2011-2012 o espectáculo titulado «Gharbo!» xunto á compañía de danza CONTRA2 que representa Nelson Quinteiro.

«Gharbo!» propón fundamentalmente unha fusión entre a música e a danza tradicional e novas formas musicais e de movemento máis experimentais, con un elenco no que destacan profesionais da música tradicional da altura de Suso Vaamonde, Xosé Lois Romero, Ricardo Rozas e Nelson Quinteiro, así coma bailaríns da traxectoria de Pastor Rodríguez Feal e Iván Villar.

Para a consideración deste proxecto, o Centro Coreográfico Galego valorou especialmente a súa calide e interese artístico, a traxectoria profesional e solvencia da compañía e dos artistas, e a achega ao desenvolvemento e á renovación das artes escénicas en Galicia.

O proxecto supón o reto de levar adiante un montaxe destas características sen máis apoio institucional que o asesoramento técnico e artístico, así como a cesión de músicos, técnicos e xastras da propia axencia. Unha nova formar de entender o sector cultural e a súa relación coas administracións públicas.