Portal de tu Ciudad Alta

15/12/2012

NUNCABUNGA

📍 Teatro Principal Rúa Nova 21

🎟️ 5 euros / entrada familiar: 4x3 (15 euros)

Horario: 18:30

Nuncabunga é un espectáculo cómico e poético sen palabras dedicado ao público infantil e familiar a partir dos 3 anos. A acción desenrólase nun espazo que evoca a proximidade co mar. Alí vive unha persoa que nun recuncho construíu  o seu fogar. As súas habitudes e rutinas son as súas únicas compañeiras. Un día aparece un estraño entalado nunhas redes, no medio dos residuos que o mar bota fora. Esta aparición ven perturbar a aparente calma do lugar. Serán eles capaces de vivir no mesmo espazo?