Portal de tu Ciudad Alta

19/12/2012

EL MONTAPLATOS

📍 Teatro Principal Rúa Nova 21

🎟️ 15 euros / 10 euros (anfiteatro)

Horario: 21:00

Ben e Gus son dous asasinos a soldo que permanecen encerrados na habitación lúgubre dun soto á espera das ordes da organización para a que traballan. Mentres, comezan a recibir absurdos encargos de comidas a través dun montacargas.

EL Montaplatos de Harold Pinter é un novo espectáculo de Animalario, dirixido por Andrés Lima e protagonizado por Guillermo Toledo e Jesús Barranco.  Alberto San Juan asina a tradución e adaptación. El Montaplatos (orixinalmente titulada The drumb waiter, algo así como O camareiro parvo) está datada en 1959, e púxose en escena por primeira vez o 21 de xaneiro de 1960 no Hampstead Theatre Club. Neste texto, Pinter volve encerrar nunha habitación a dous seres humanos para falarnos da estúpida servidume que se xera nas relacións humanas.