30/11/2012
THE NEW RAEMON & MARÍA RODÉS (Cancelado)
📍 Zona "C" San Domingos de Bonaval 1
🎟️ 10 euros más gastos distribución (anticipada) / 12 euros (taquilla)
O concerto de The New Raemon&María Rodés previsto para o venres 30 de novembro tivo que ser cancelado e substituído por outro concerto que será o de Julio de la Rosa.
Ramón Rodríguez, o home detrás de The New Raemon, é un dos artistas máis reputados e prolíficos que a escena do pop independente tivo nos últimos anos. A publicación do seu primeiro disco en solitario, ‘A propósito de Garfunkel’ (BCore, 08), supuxo un fito no que se conxugaban, cunha singular mestría e liberdade expresiva, o mellor pop, a canción de autor e unha forma de cantar tremendamente próxima e atractiva que narraba, a través dos seus diferentes cortes, o desgarro dunha ruptura sentimental.