01/10/2014 – 31/10/2014
Programación octubre de la Casa das Crechas
📍 Casa das Crechas
Mércores 1 23:00h 1€
FOLIADA BANDA DAS CRECHAS
Mércores 8 23:00h 1€
FOLIADA BANDA DAS CRECHAS
Xoves 9 21:30h
Cata de libro e viños galegos con Guilherme e Bastardo (Viños, música, poesia e crowdfunding)
Venres 10 21.30h
Festa-presentación de CRISIS, WHAT CRISIS?
Coa presenza de Camilo Franco, Narf e Magín Blanco, ademais de Xavier Belho, protagonista do proxecto.
http://crisis-whatcrisis.com/
Mércores 15 23:00h 1€
FOLIADA BANDA DAS CRECHAS
Xoves 16 21:30h 6€
PEDRO PASTOR
Pedro Pastor presenta o seu novo disco, ‘La vida plena’ en Casa das Crechas. Xa presentara o anterior o ano pasado acompañando ao seu pai neste local. Leva cociñando no seu estudo este novo traballo desde xaneiro deste 2014, 12 cancións de rebeldía e amor producidas por Markos Bayó. O formato de presentación está composto por un trío formado por Pedro Pastor á guitarra e á voz, Markos Bayón ás guitarras, baixo, pedais e coros, e Cesar Bayón á batería, percusións e coros.
Concerto Artistas en Ruta - AIE
Sábado 18 21:30h 5€
AMESMALÚA
Amesmalúa é un grupo de músicos de distintas orixes que propoñen unha viaxe de encontros, unha maridaxe de memoria e paixón entre o flamenco e a canción popular galega, nunha proposta ligada ás músicas con raíz. Cun concepto claro e sumamente orixinal, lánzanse a unha sorprendente e suxestiva fusión de estilos, arraigada na canción tradicional do norte e do sur. Ademais de coplas, cantigas e adaptacións, Amesmalúa tamén creou temas propios, co sinal do seu carácter aberto, mestizo e creador.
Concerto Artistas en Ruta - AIE
Mércores 22 23:00h
FOLIADA BANDA DAS CRECHAS
Xoves 23 20:00h 6€
LA MUSGAÑA
Tras máis de 25 anos reinterpretando a música tradicional da meseta, 9 discos no seu haber e xiras por EEUU, Canadá, Europa e Marrocos, os membros fundadores de La Musgaña Carlos Beceiro e Jaime Muñoz presentan o seu novo CD ‘Entre Dous’. Un amplo percorrido pola música instrumental da Meseta, profundando na esencia da súa riquísima tradición e desenvolvendo as posibilidades estéticas desta herdanza cultural infestada de mestizaxe.
Concerto Artistas en Ruta - AIE
Mércores 29 23:00h
FOLIADA BANDA DAS CRECHAS
Xoves 30 22:30h 5€
VÍCTOR ANEIROS
Víctor Aneiros edita un novo disco, o sétimo da súa discografía oficial, e bautízao co inequívoco título de ‘A soidade pide copas nos bares’.
As versións de Miña bala perdida, Vida bohemia, Un tute á morte e Autor de westerns cobran novos significados nos solos da guitarra clara, limpa, espida de Aneiros. E medran tamén en intensidade, coa incorporación afortunada dun vello coñecido do guitarrista: Fran Rey, que mantén fermosos diálogos bohemios, casi parisiens, co seu acordeón. É un duelo amistoso, parolado con profunda sinxeleza, fronte á guitarra de Aneiros.