Portal de tu Ciudad Alta

30/11/2012

JULIO DE LA ROSA

📍 Zona "C" San Domingos de Bonaval 1

🎟️ 8€ (anticipada) / 10€ (taquilla)

Horario: 21:30

Falar de Julio de la Rosa é facelo dunha das figuras máis transcendentes e inquietas  da escena musical española. Tras liderar a unha das bandas españolas máis importante dos anos 90, ‘El Hombre Burbuja’, é en 2004, co lanzamento de M.O.S cando comeza coa súa carreira en solitario. Unha carreira que foi evolucionando constantemente, pero que mantivo como común denominador a riqueza e beleza dunhas letras que Julio de la Rosa usa tanto como para contar historias desgarradoras, como para presentarnos a súa faceta máis hedonista.

“Un cálculo de proles e contras sumado a unha inexplicable atracción estética”, así describía o amor no seu anterior disco, e primeiro editado co selo galego, Ernie Records,  ‘La herida universal’, onde lle cantaba ao fermoso e doloroso sentimento desde todos os ángulos posibles. Agora atópase ultimando as 10 cancións que formarán parte do seu quinto disco, "Pequeños transtornos sin importancia", en certo sentido continuación lóxica ao seu anterior traballo, onde segue diseccionando as relacións de parella cun bisturí afiado por esa fina ironía marca da casa.

Non nos podemos esquecer, e máis ao enmarcarse este concerto dentro do ciclo "Cineuropa", da súa faceta como compositor de numerosas bandas sonoras, destacando as que compuxo para acompañar gran parte da filmografía de Alberto Rodríguez (7 vírgenes, After, Grupo 7).

Un concerto perfecto para botar o peche á programación musical que acompañará este ano ao festival de cinema compostelán.