Portal de tu Ciudad Alta

19/03/2013

Alberte Montes

📍 Sala ULTRAMARINOS (Casas Reasis 34)

🎟️ 4 €

Espectáculo ALBERTE CONTADOR
Como o ciclista, efectivamente. Até aquí o único en común entre Alberte e o de Pinto. O nome. Un xogo de palabras "enxeñosirmo" que dá título a este novo espectáculo do monologuista galaico-català.

Alberte fala de ciclismo, das sestas que bota vendo o Tour. De dopaxe, a que hai no ciclismo e a que hai en San Fermín, e tamén da súa relación co deporte, relación parecida á que Superman ten coa kriptonita.

Ademais de todo isto, falaranos de temas que comezan a preocuparlle, como ter que lavar os pratos por debaixo se por aí non se luxan, ou ter que aproveitar os domingos pola mañá dende que ten moza.

Un show disparatado e tolo, no que entran anécdotas, lendas, contos, e outras mer... historias.