04/10/2013
Corcheas, Semifusas e Ilusións. Unha obra máxica e musical.
📍 Casa Cultura de Bertamiráns. Ames.
🎟️ 2 e 4€
Unha obra máxica a través da música en directo, composta cos acordes da baralla de Martín Camiña.
Unha das mellores bandas do momento, a Muras Triofunk, vese na obriga de compartir escenario cun ilusionista melómano.
El desexa tocar, pero a súa calidade musical está á mesma altura cós orzamentos para a cultura, co que só lle queda continuar cos seus números de maxia.
O grupo e a súa mánager, farán todo o posible para non admitir semellante inquilino, xa que a ruína do conxunto estaría garantida.
Maxias cás partituras, a auga, os micrófonos, os instrumentos, a luz, os pensamentos, o son, as cartas, a froita do catering ou as cordas…..e non só as da guitarra, afinarán esta peza máxica e musical.
Espectáculo para escoitar, ver e asombrarse, creado en "clave de fa": fabuloso, fascinante e fantástico.