Portal de tu Ciudad Alta

27/10/2013

Catro tímbricas pintadas

📍 Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)Rúa Valle Inclán s/n

🎟️ Entrada libre logo de recoller a invitación na billeteira do Teatro Principal ou no local do concerto

Horario: 18:30

O ensemble Música Práctica nace baixo a dirección artística de Jorge Montes, Fernando Buide e Alejandro Sanz e o seu primeiro programa titúlase 'Catro tímbricas pintadas'. Preséntano dentro do ciclo A desTempo enmarcado nas Xornadas de Música Contemporáneas. O Ensemble nace sen límites de repertorio, estilos ou formación e basea o seu ideal de traballo na calidade e respecto pola música. O propio nome do ensemble quere reflectir un meticuloso pragmatismo á hora de afrontar os proxectos, concertos etc.