01/11/2013 – 30/11/2013
Programación de novembro de A Nave de Vidán
📍 Avenida Mestra Victoria Míguez, nº 44
Os seráns da Nave abren, como xa é habitual a programación cultural da Nave deste mes de Novembro. Unha cita xa clásica que chega o primeiro xoves de cada mes, neste caso o día 7, é que abrirá como sempre ás 21:30 h con un obradoiro de baile para dar paso, seguidamente ás actuacións das pandereteiras de Bouba e aos grupos Pradairo e Alvariza. Ao final do serán, como sempre terá lugar unha pequena foliada con aquelas persoas que resistan e o prezo do billete de entrada será o habitual de [2€]
Na seguinte semana temos tres citas especiais, o xoves 14 a partir das 21:30 h, a primeira das intervencións escénicas do mes con Esther F. Carrodéguas e a súa poesía de supermercado na propostas Super-Market. Un show poético crítico, satírico, humorístico, e moi-moi romántico, sobre temas que teñen que ver coa alimentación e os supermercados e con un prezo de entrada moi apropiado [4,99€]. Ao día seguinte será a grande festa das castañas co Magosto de Vidán, organizado conxuntamente co Bar Esquina, co Casimiro e co Café Luna, ese venres 15 desde as 20:30 h teremos moita festa. Acompañando as castañas asadas poderemos desfrutar de moita música e de chourizos con pan, diversión asegurada. E acabamos a semana con máis música e máis festa rachada pois o sábado 16 a Asociación de gaiteiros galegos organiza unha Foliada gaiteira na que poderemos bailar e cantar cos mellores foles do país. Será a partir das 22:00 h. e con entrada gratuíta tamén.
Música, humor e debate.
Na penúltima semana do mes chegan dúas propostas moi especiais, o mércores 20 será a vez de deleitarnos co concerto camerístico a tres bandas co cellista Sergio Menen, Fred Martins á guitarra e a voz da portuguesa Susana Travassos. Unha oportunidade única para deleitarnos con tres músicos de enorme calidade e renome internacional, a partir das 21:30 h e cun billete de entrada de só [5€]. O día seguinte, xoves 21, voltaremos a contar con Luís Zahera -após a suspensión da súa actuación anterior por causa do pasamento de Xosé Manuel Olveira ‘Pico’- e co seu espectáculo Chungo no que tentará explicarnos as súas vivencias vitais como actor e a deriva que o ten levado a interpretar papeis de raro, de non moi listo e sempre de chungo. Será a partir das 21:30 h. e cun prezo do billete a [6€].
Finalizaremos o mes con dúas propostas diferentes mais moi interesantes ambas. O xoves 28 volve o debate na praza, organizados polo xornal dixital Praza Pública, que desta volta tratará un tema de máxima actualidade como é a reforma da lei de educación e a imposición da LOMCE. Será a partir das 20:30 h. e con entrada gratuíta como todos os meses. E ao día seguinte fecharemos o programa de Novembro cunha proposta musical de enorme calidade, o venres 29 será a vez do concerto de Tempo Catro. Un cuarteto composto por músicos de sólida formación académica e experiencia artística afondan no tango instrumental contemporáneo, e de renovada estética, de Astor Piazzolla. A partir das 22:30 h. unha proposta para non perder e por só [5€].