18/12/2013
New Orleans Gospel Chorale
📍 20:30 Teatro Principal Rúa Nova 21
🎟️ 18 € / 15 € (anfiteatro)
Os Espirituais Negros son unha forma musical específica dos Estados Unidos. Son o produto da interacción da música e a relixión de África coa música e a relixión de orixe europea. Esta forma tivo a súa orixe na escravitude negra nos Estados Unidos, unha institución central na vida económica e social americana durante os séculos XVIII e XIX.