Portal de tu Ciudad Alta

01/12/2013 – 31/12/2013

Diciembre en Crechas: rock, pop y música portuguesa, brasileña y argentina

Decembro está á volta da esquina e estreamos nova programación, que vén chea de nomes importantes da música galega, portuguesa, brasileira e arxentina. Volta tamén Sétima Feira, con música, libros, arte, alimentación, segunda man... Botádelle un ollo!

Martes 3 ás 21h30 (3€)

CURTINAITIS
O primeiro LP desta banda de Santiago, editado por Lixo Urbano, presenta unha reinterpretación do rock'n'roll con aires funk-soul, flashes psicodélicos e unha descarada actitude hardcore: un choque entre James Brown e Townes Van Zant tamizado có salvaxismo de The Birthday Party e a actitude dos Beastie Boys. Unha visión do rock'n'roll heterodoxa e bailona, sexual e arisca.

http://www.youtube.com/watch?v=eMLdaNz0SqY

Martes 10 ás 21h30 (5€)

SLEEPING CAT
Jerry Noia esperta ao gato durminte para presentar o seu segundo EP, In the Forest. Producido polo recoñecido Juan de Dios (produtor de Amaral, Xoel López ou Pereza), amósanos un novo son que coquetea co pop inglés, cancións cun corte máis eléctrico pero sen abandonar as raíces do folk americano que tanto o caracterizan. Acompañado de Pablo Pérez, Miguel Queixas, Manu Conde e Alfonso Calvo, Sleeping Cat soa fresco, optimista e máis enérxico que nunca.

http://www.youtube.com/watch?v=BTzHZpUo0Rc


Mércores 11 ás 21h30 (5€)

CASIANA TORRES
Desde Tierra del Fuego chega esta cantora que representa para Argentina un presente musical cheo de frescura e compromiso, o cancioneiro nativo convertido nunha proposta persoal e cargada de contido. Despois de compartir palco cos músicos máis prestixiosos da música popular arxentina, Casiana pisa Galiza por primeira vez para amosarnos o seu novo traballo discográfico, “Del fuego a la raíz”.

http://www.casianatorres.com.ar/

Domingo 15 ás 20h (6€)

COLADERA (Marcos Suzano, Vítor Santana e João Pires)
João Pires trae a canción portuguesa, a guitarra ibérica e a vertente africana dos anos en que viviu en Cabo Verde. Vitor Santana engádelle á súa voz o seu violão popular brasileiro, a influencia latina e a súa profunda ligazón con Cuba. Marcos Suzano completa o trío cos batuques de matriz africana, en máis de dez instrumentos de percusión orixinarios de tres continentes onde se fala o portugués. Os mundos do Brasil e de Portugal fúndense nun diálogo baseado soamente en violões, percusións e vozes.

https://coladera.bandpage.com


Martes 17 ás 21h30 (5€)
LUNA COHEN, JOEL MORENO e TON RISCO

Luna Cohen é unha cantora brasileira residente en Barcelona, onde participa de varios proxectos de jazz e bossa nova. Alí coñeceu ao guitarrista catalán Joel Moreno, co que gravou o seu premiado álbum “Estrada do Sol”. Nesta nova xira únense por primeira vez ao percusionista galego Ton Risco para nos presentar un formato intimista pero á vez cheo de forza.

http://www.youtube.com/watch?v=c1xr20FRbU4


FIN DE ANO a partir da 1H00
FOLIADA coa Banda das Crechas