24/01/2014
Dorian Wood
📍 21:00 Teatro Principal Rúa Nova 21
🎟️ 8 euros (anticipada) /10 euros (taquilla)
Para comezar o ciclo Sons 2014 e como froito dunha nova colaboración co Festival Sinsal, o Teatro Principal acollerá a presentación do argelino de orixe costarricense Dorian Wood, que paseará o seu arrebatador carisma polos escenarios nun tour de dez concertos nos que entenderemos por que, como el dí, non está aquí para consolarnos. Porque o seu é someter ao público, enfrontalo, a unha especie de 'apocalypse, now' en clave pop.