23/01/2014 – 26/01/2014
BYE BYE HONEY
📍 Salón Teatro Rúa Nova 34
🎟️ 10 € / 6 € desempleados
"Bye, Bye, Honey" é un espectáculo de teatro musical de clase baixa, denominado así polo entorno social no que se desenvolve a historia
"Bye, Bye, Honey" é un espectáculo duro, ácido e descarnado, como o lugar onde está ambientado e como a vida dos personaxes dos que fala, pero tamén como na vida, no espectáculo hai tempo para o humor, para o amor, e por suposto, para a música e as cancións interpretadas en directo. "Bye, Bye, Honey" ofrece unha galería de personaxes que se moven nun mundo poucas veces trasladado ós escenarios. Un mundo que existe cerca de nós, pero que rara vez temos a ocasión de contemplar en profundidade, fóra de tópicos e arquetipos.
"Bye, Bye, Honey" conta a historia de Marta, unha rapaza de barrio, que non é un anxo nin é un demo, e que cando decide deixar a súa casa e a súa familia emprende un camiño incerto e perigoso, rodeada por todas partes de "Lumpen, pachanga e rock´n roll".