Portal de tu Ciudad Alta

01/02/2014 – 08/02/2014

Luma Gómez en Falabaratos

📍 Sala Agustín Magán (Santa Marta)

🎟️ 6 euros

sábado 1 y sábado 8 de febrero a las 20.00

Monólogo gastronómico de consecuencias imprevisibles no que se sente a rabia feminina sen case que apreciala, sutilmente. A actriz mantén co público unha distancia prudente, pero íntima. Ela faise querer, é un ser aparentemente nobre, unha desas mulleres con ideas doutra época e das que todos temos algunha referencia persoal, ela podería ser aquela tía lonxana, a nosa curmá a solteirona, a nosa aboa ou mesmo a nosa nai. O seu discurso encerra algo doutro tempo e, tamén, algo de verdadeira revolución feminina. Si elas tiveran o que nós, ¿que pasaría? Se elas puidesen ligar por internet, saír ate as tantas, ¿estaríamos nós, os seus fillos, aquí...? Elas asimilaron a familia como concepto, o home como estandarte e a casa como bandeira. Pero, ás veces, hai que dicir: “¡Basta!” ¡Que boca tan grande tienes! Es, para comerte mejor.

Lola Correa, autora / Luma Gómez, actriz / Roberto Taboada, selección musical / TinoViz, fotografía / Eva Alonso, asistente de producción / Eduardo Alonso, iluminación e dirección.