Portal de tu Ciudad Alta

13/03/2014 – 23/03/2014

Josito Porto en Falabaratos

📍 Zona C (Bonaval, 1)

🎟️ 8 euros (anticipada) / 10 euros (taquilla). jueves (día del espectador): 6 euros (anticipada) / 8 euros (taquilla)

jueves 13, viernes 14, sábado 15 y domingo 16 de marzo
jueves 20, viernes 21, sábado 22 y domingo 23 de marzo
20.30 y 19.30 los domingos

Monólogo traxicómico no que o actor Josito Porto interpreta a curiosa e polifacética vida de Matías Houseman, un home gris que racha coa súa monótona existencia para vivir todo o que soñou vivir. Matías Houseman chega a ser estrela da música, futbolista de primeira división, monologuista cómico, mafioso, líder espiritual e incluso presidente do goberno, entre outras moitas actividades e profesións polas que vai pasando durante a duración do espectáculo. Matías Houseman quixo vivir mil vidas, pero esqueceuse de vivir a máis importante... a súa.

O espectáculo, de ton principalmente humorístico, está marcado pola variedade, intrínseca na maneira de vivir do personaxe arredor do que xira a peza. Esta variedade permite non só un dinamismo escénico evidente, acentuado polas cancións interpretadas en directo, a transformación física e os monólogos cómicos, se non que ademais obriga ao público existente a trasladarse a outros espazos sen ter que moverse da butaca (…)"As mil vidas de Matías Houseman" pretende, en definitiva, durante pouco máis de unha hora, somerxer ao espectador nun mundo de variadas situacións no que, ademais de divertirse cos avatares do personaxe, teña cabida unha reflexión sobre un tema tan de actualidade na sociedade contemporánea como é a nosa relación co mundo a través dos espazos virtuais polos que transitamos cada día e ata que punto poden substituir ou non o noso contacto coa realidade "real" (José Prieto)