Portal de tu Ciudad Alta

27/03/2014

Manquiña & Tony Lomba en Falabaratos

📍 21:00 Teatro Principal Rúa Nova 21

🎟️ 10 euros / 8 euros (anfiteatro)

Tony Lomba e Manuel Manquiña uníronse nun espectáculo musical para (re)inventar o underground elegante e invitarnos a viaxar á España dos setenta, un país namorado das suecas, de Benidorm e da música melódica. A banda sonora de MÚSICA LIXEIRA está composta por cancións que xa son eternas e que marcaron a toda unha xeración. De Sam Cooke a Nino Bravo e de Las Vegas a Benidorm. Pero este é tamén un musical con argumento e personaxes. Unha historia de éxitos e fracasos que será narrada co estilo iconoclasta e salvaxe de Manuel Manquiña. Tony Lomba é o crooner máis xenuíno e persoal que nunca pisou un escenario en Galicia. Manuel Manquiña é un cómico punk, un conservador furioso incapaz de non converter unha verdade nunha barbaridade. Agora están xuntos e queren contarnos as súas vidas. Si vostede é amante da música e non lle dá medo a verdade, debería escoitalos. Chegaches á hora. Levades esperando demasiado os que queriades este cocktail de enxeño, mestría, tolemia e arte sen cortapisas. A fórmula xa está creada e funcionou.

Tardaredes en repoñervos dun espectáculo que rodará ininterrompidamente por un éxito asegurado. As bestas uníronse e vanvos a facer gozar como nunca o fixestes...