20/09/2014
Dani Martínez en Falabaratos
📍 21:00 Novagalicia Banco Auditorio Preguntoiro 23
🎟️ 18 euros (patio butacas, anfiteatro 1) / 15 euros (anfiteatro 2)
Martínez... que non es bo!, iso dinlle a Dani Martínez os homes da terceira idade no seu pobo cando o ven. É a modo de saúdo, pero en realidade esconde unha gran verdade. Neste novo espectáculo Dani Martínez intentará divertir ao público demostrando que realmente non é bo, que en verdade non é ouro todo o que reloce... para iso axudarase das súas imitacións, os seus monólogos, as súas historias, as súas improvisacións e xogos co público. A alta tecnoloxía tamén estará presente no escenario mediante música, vídeos e diferentes aplicacións informáticas. Con este novo show Dani intentará cativar ao espectador como xa o conseguise ca súa anterior xira que levaba por título “Rechace Imitaciones”. Máis de 40.000 espectadores gozaron da súa primeira xira...