06/06/2014
David Amor & Taninos Maduros Jazz Band
📍 21:00 Teatro Principal Rúa Nova 21
🎟️ 12 euros / 8 euros (anfiteatro)
A música, os monólogos, a parodia, o humor, as cancións e moito facer o pallaso, danse cita nun dos shows revelación da tempada. Que ocorrería si xuntamos nun mesmo escenario a un dos mellores e máis guapos humoristas deste país, cunha das mellores e máis guapas bandas de jazz do país?... Pois deixando de lado o tema da beleza, que como diría David Amor, 'Está por ver', o que obtemos é un espectáculo único. Todo empeza cando en 1999 David preséntase a un concurso de beleza, e outórganlle un premio, 'Mr Simpatía'. Este feito malia a crueldade (é como preguntar por unha posible parella e que che digan que é moi simpática, ou sexa nada), non fai que David se veña abaixo, e decide reconducir a súa carreira. Pasa a Antena 3; ao Club del Chiste, para desenvolver esa faceta na que pensaba que destacaba, pero alí empezan a tratalo de guapo, ata o nomean o 'Duque galego' (aínda que dubidamos da bondade deste título, xa que o único duque galego que coñecemos é o de Lugo e que che comparen con Marichalar...), e xa foi cando o noso protagonista sentiuse fóra de sitio....e sentiu a necesidade de contalo. E é que este é un galego atípico, sempre sabe si sobe ou baixa, sobre todo si a escaleira é mecánica. Ademais, tras unha visita a Sarria, coñece aos Taninos Maduros Jazz Band, unha banda con moitos anos de experiencia (centos, si atendemos á idade dalgún dos seus compoñentes) e tras comer, beber e volver beber con eles, deciden emprender esta aventura en conxunto. Un espectáculo que xa se estreou en Aranda de Duero con gran éxito no verán de 2013 e que acompañou a Leo Harlem na súa primeira vira galega. Experiencia contrastada ao servizo do humor!