08/03/2014
JABIER MUGURUZA en Íntimo e Acústico
📍 21:00 Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) Rúa Valle Inclán
🎟️ 10 euros (anticipada) / 12 euros (billeteira)
'Beste Hogei', o novo disco de Jabier Muguruza como cantautor ofrécenos 10 novos temas, como nunha clara declaración de intencións; declaración de seguir adiante, de seguir traballando na canción de autor. O novo disco de Jabier Muguruza, o que fai o número 12 da súa carreira como cantautor, cando se cumpren 20 anos desde que a iniciou.
Aínda que a alusión ao aniversario é obrigada, Jabier non nos ofrece un disco recopilatorio de vellas cancións. No seu caso, non hai billete para a nostalxia. optou por ofrecernos outros 10 novos temas, como nunha clara declaración de intencións; declaración de seguir adiante, de seguir traballando na canción de autor.
Non é casual que o título sexa 'Beste Hogei' ('Outros Vinte') en clara alusión -en tempos tan complicados para a música e a cultura-, á vontade de continuar, sen cesar na loita por publicar cancións e defendelas en directo.
Trala importante repercusión do disco anterior (máis de 40 concertos no País Vasco e fóra del, chegando a Polonia, EEUU, Marrocos, Francia...), Muguruza ofrécenos unha obra na liña daquel 'Bikote Bat': por unha banda, textos intimistas, escritos polos colaboradores habituais, e por outro, as súas composicións persoais... e o piano de Mikel Azpiroz, arroupando as melodías de Jabier.
Non podía faltar a voz de Mireia Otzerinjauregi, habitual en todos os discos do cantautor publicados os últimos anos.
E ademais, unha lista de colaboradores de luxo, como querendo aportar ao aniversario un aire especial de celebración: a cantante galega Uxía, Gorka Benitez ao saxo, Joseba Tapia á trikitixa, Chris Case á trompeta, Xabier Zeberio ao violín...
Neste vinte aniversario, Jabier Muguruza ofrécenos a todos e a todas un agasallo elegante e fermoso: 'Beste Hogei'.