16/02/2014
XACARANDAINA
📍 20:00 Auditorio de Galicia
🎟️ 10 euros
A danza tradicional galega e a emigración. Xacarandaina co seu espectáculo 'Galizien Amerika Linie' pretende achegar ao público ese fenómeno importantísimo da nosa historia contemporánea máis recente: a emigración. De todos é sabido que os galegos fomos un pobo emigrante, pero aínda que nos toca a todos de preto, non somos o suficientemente conscientes do drama que supuxo aquel éxodo, e menos conscientes somos aínda da importancia económica e cultural que eses emigrantes tiveron para coas súa terra e o amor que lle dispensan, a cambio de nada, desde a distancia. Con tal propósito, Xacarandaina montou un espectáculo no que se mestura a propia actuación do grupo cos seus bailes, danzas, músicas, vestiarios e posta en escena con deseño de luz, deseño espazo sonoro e audiovisual, mesturando así o arte tradicional cas novas tecnoloxías, facendo de Galizien Amerika Linie algo novidoso e único dentro do abano dos espectáculos feitos en Galicia.