Portal de tu Ciudad Alta

20/02/2014 – 02/03/2014

BARBAZUL, UNHA SABOTAXE AMOROSA

📍 Zona C (Bonaval)

🎟️ 8 euros (6 euros, jueves día del espectador)

20, 21, 22 , 23 febrero
27, 28 febrero 1, 2 marzo
Horario: 20,30 (domingos 19,30)

Mónica de Nut e Borja Fernández constrúen unha versión libre do mito de Barba Azul partindo do libreto que escribiu o poeta húngaro Bela Bálasz para unha ópera de Bartok no ano 1918. Barba Azul é un mito clásico da tradición europea, reinterpretado en múltiples ocasións, na linguaxe das artes literarias, escénicas e cinematográficas.

Borja Fernández é actor, músico e performer. Actualmente traballa como intérprete multidisciplinar freelance, ademais de ser compositor e letrista no grupo de rock É Unha Árbore. Traballou en proxectos escénicos de teatro físico, teatro clásico, teatro musical, ópera, danza, circo, música, cinema, televisión e multidiscilplinares de diferentes produtoras destacando: La fura dels Baus, Chévere, Pt Excéntricas,

Matarile Teatro, Centro Dramático Galego, Teatro Nacional Sao Joao (Portigal), Pistacatro e Voadora.
Mónica de Nut canta ópera, jazz, música de raíz, música experimental... ten experiencia na interpretación teatral e na danza contemporánea. Estudiou piano e pedagoxía musical. Formouse no canto lírico licenciándose na Escuela Superior de canto de Madrid e tamén na música tradicional galega e no jazz.