06/03/2014 – 09/03/2014
TÉ CON KANT
📍 Zona C (Bonaval)
🎟️ 8 euros (6 euros, jueves día del espectador)
20.30 (domingo 19.30)
María Caparrini e Marta Pérez son Theodora Kraus e Johana Gottfried; dúas mulleres ilustradas de clase alta nadas en 1750 e 1748 respectivamente na cidade de Königsberg na Prusia Oriental, hoxe en día rebautizada como Kaliningrado. Coetáneas de pensadores, matemáticos e filósofos como Inmanuel Kant, Rosseau, Voltaire, Motesquieu, Johann George Hamann, Lessing, Leonhard Euler, David Hume... viven e sofren a discriminación de non ter acceso á universidade por ser mulleres.
Que é Té con Kant? UN ESPECTÁCULO DIFERENTE: CREACIÓN, HUMOR E MANIPULACIÓN DE RECORTABLES. Té con Kant é un proxecto experimental que conxuga a combinación entre o ensaio filosófico e a creación escénica xogando co humor e a ironía.
Estas dúas mulleres ilustradas ante a inxustiza acometida polo propio sistema, de non ter acceso á universidade, e como herdeiras das primeiras feministas da historia durante o medievo francés como Christine de Pisan e Olympia de Gouges, deciden nunha das súas reunións nos salóns de mulleres da súa época, un acto de revelación: travestirse para ter acceso a algo que a historia lles roubou e que merecen por dereito propio, isto é: acceso ao saber.