Portal de tu Ciudad Alta

07/03/2014

AMOR FLEXIBLE

📍 21:00 Teatro Principal

🎟️ 10 euros

Nesta vida todos queremos algo. Tristán quere a Eva. Eva quere os cartos de Tristán. Piluca viaxar a Cabo Verde co seu noivo Bembé. E para que todos consigan o que queren, os mozos teñen que casar antes de que Tristán descobra o segredo de Eva. Para isto as mulleres urdirán un divertido plan que poderá custarlle a vida ao rapaz. É unha comedia de rabiosa actualidade, cercana e amable, que profundiza nas relacións familiares e de parella.

Coa excusa dos sete pecados capitais como eixo da estructura falamos da idealización do amor. Da crixe, e como esta afecta aos novos modelos familiares onde as nais teñen que ir vivir cos fillos. Da vida a partir dos sesenta anos e das segundas oportunidades. Dos que non se renden. Dos que buscan a felicidade. Falamos da muller galega loitadora, que vai na procura dos seus soños por lonxe que estes se atopen. Da maternidade. Do desexo de ser nai e da dificultade de educar aos fillos.

E todo isto dende a óptica que mellor se achega ao público, o humor.

Contamos neste proxecto coa colaboración dunha das mellores e máis queridas actrices do panorama galego. Umha muller cunha carrera chea de éxitos e personaxes inesquecibles. Dende a alcaldesa de Portozas de "Mareas Vivas" a viuva de "A vida por Diante". Estamos a falar de Mela Casal.

E como o talento é a base dos nosos proxectos, completamos o reparto cos que foron os dous nenos prodixio da TVG. Guillermo Carbajo, o rapaz de "Pratos Combinados" e Tamara Canosa, a cativa de "Mareas Vivas". Un reparto de luxo para un divertido espectáculo que coida con atención ata os máis mínimos detalles escenográficos, lumínicos e musicais, creados polos mellores profesionais da escena galega. Alex Sampayo é un director e realizador coñecido principalmente no sector audiovisual, no que leva traballando máis dunha década.