26/03/2014 – 06/04/2014
A MAMMA
📍 Zona C (Bonaval)
🎟️ 8 euros (6 euros, xoves día do espectador)
26, 27, 28, 29 30 de marzo
2, 3, 4, 5, 6 abril
20.30 (domingos 19.30)
Estrea absoluta da comedia de Lino Braxe. Dirixida por Eduardo Alonso, “A Mamma”, é a historia da xeración dos culpables de que as cousas estean como están. Por iso, é a historia dun fracaso daqueles que deixaron pasar por diante todas as oportunidades de rectificar. Membros destacados desa xeración fixeron que agora esteamos nun calexón sen saída. Esa xeración que educou aos seus fillos na abundancia e na liberdade e, agora, todo iso vólvese en contra. Fillos mal preparados para a crise e excesivamente preparados para nada.
Volvemos cun espectáculo unipersoal. Non soamente é por cuestións de crises e falta de apoios para afrontar proxectos, que tamén, é porque este xénero sempre nos interesou: “Feirantes”, “Campo Sur”, tamén de Lino Braxe ou “A tixola polo mango”, de Lola Correa, representan momentos nos que a nosa compañía asumiu este tipo de espectáculos. Este será, pois, o cuarto. Despois de facer espectáculos durante anos, de repartos numerosos, sentímonos na necesidade de abordar proxectos máis pequenos.
En “A Mamma” seguimos conectando directamente o noso teatro coa realidade máis próxima e inmediata, como aconteceu coas últimas producións: “Último cowboy” e “Linda and Freddy, ilusionistas”. Con Lino Braxe temos traballado en máis dunha ocasión, e temos montado outros textos deste singular autor. Únenos a el un sentido responsable de tomalo todo con ironía e retranca. Por iso, cando fomos coñecedores de que traballaba nun texto sobre a vida dunha muller loitadora que, nos últimos días da súa vida rememora con estraña lucidez os tempos pasados e os presentes deste pobo tan castigado, puxémonos en contacto co autor para levar a escena a súa peza.
De todo isto, e de algunha cousa máis, fala “A Mamma” de Lino Braxe que Teatro do Noroeste presenta coa intención de insistir na crise de valores que nos ocupa, con ironía, con retranca, pero con sinceridade.