29/03/2014
AVESTRUZ EN TERRA ALLEA
📍 21:00 Teatro Principal
🎟️ 10 euros
Estrea absoluta da compañía compostelana Berrobambán. Quen máis, quen menos, cando nos decatamos de que os soños a miúdo non se fan realidade e de que nos volvemos persoas totalmente diferentes ás que nos imaxinabamos chegar a ser, sentímonos coma as avestruces en granxas galegas, tan lonxe dos seus espazos naturais. Ese desacougo de non saber se este é o noso lugar e o noso tempo é a materia do noso espectáculo: «Avestruz en terra allea».
Señoras e señores, sexan benvidas e benvidos ao cabaret do desacougo. Con música e con humor ata as preocupacións que levamos dentro da alma poden verse desde outro punto de vista. Porque diso se trata, de falar do que nós somos, aquí e agora, pero sen darlle máis trascendencia a esta idea do que xa ten.
Esquecimos moito do noso pasado para poder avanzar cara ao futuro, cando en toda viaxe debemos levar algo de equipaxe. Esquecimos o xogo. Esquecimos a risa. Esquecimos mirarnos no espello e rir das nosas enrugas e da nosa expresión triste e seria. Pero para iso está o teatro, para poñer a vida en escena, para recuperar a equipaxe e darlle un novo uso, e para iso está o cabaré, para non darlle moita importancia ao que facemos.
Autora Paula Carballeira (adaptación a partir de Contatrás)
Elenco: Paula Carballeira, Nuria Sanz e David Loira
Dirección Chiqui Pereira