07/05/2014
MISTERIO CÓMICO
📍 21:00 Teatro Principal
🎟️ 10 euros
Teatro do Morcego volve cunha nova versión de misterio cómico ou orixinalmente misterio bufo, texto de Darío Fo co que acadou dous premios Compostela no ano 92 ao mellor actor para Celso Parada e mellor director para o director portugués Júlio Cardoso, volve con motivo de celebra-lo XXV aniversario da fundación da compañía, creada en 1988 como Morcego escola de Teatro e no 1989 como CIA profesional.
Escrito na súa primeira versión en 1969, continuamente representado e modificado en función da resposta do público, Misterio bufo está considerado xunto con “ Morte accidental dun anarquista” a obra máis importante de Dario Fo. Deste xeito, “Misterio bufo” a carón de “Morte accidental dun anarquista” , é o texto de Fo máis representado prácticamente en tódolos países e linguas do mundo, e, ao mesmo tempo, o máis odiado e combatido desde as altas instancias vaticanas.
Fo quere contar a verdadeira historia, a do pobo, a que foi sempre marxinada pola cultura oficial, manipuladora e hipócrita. Indignado pola terxiversación que os popes culturais fixeron deste feito como doutros temas, reivindica o verdaderio coñecemento dun elemento esencial da cultura italiana, como é a súa tradición oral e escrita de teatro popular.De feito di: «Máis que un longo paso cara atrás, dei un salto mortal ao revés, no sentido de que evitei rastrear as orixes con actitude de arqueólogo. Procurei tamén o medieval que asoma en Moliere e na Comediada Arte, en toda esa riqueza o que estes comediantes fixeron da lección medieval de entreter ao público». Nas introducións ás diversas escenas da obra, Fo deixa moi clara a diferencia entre a cultura aristocrática, elitista e allea á realidade, e a extraordinaria forza comunicativa desa cultura popular que en toda a súa vida de autor, actor, director, de artista comprometido na fin, non se ten cansado de invocar, reivindicar e reinventar para falar de temas do noso tempo.
Dirixida por Julio Cardoso e interpretada por Celso Parada.