Portal de tu Ciudad Alta

08/05/2014 – 18/05/2014

ANTIHEROICA

📍 Zona C (Bonaval)

🎟️ 8 euros (6 euros, jueves día del espectador)

8,9, 10, 11 mayo
15, 16, 17  18 mayo
20.30 (domingos 19.30)

Vanesa Sotelo dirixe a nova producción de Ut-Tópico Teatro. -Que é un antiheroe? -É como un heroe pero con todo o mundo en contra. Como se fose un álbum de humanidades, en Antiheroica as historias dos antiheroes toman os corpos dos dous únicos habitantes dun espazo impersoal, pechado e infinito. A morte, a herdanza, a soidade e o tempo son algunhas das claves universais e eternas sobre as que se constrúe esta proposta na que a morte e a resurrección fían as escenas na espera de atopar un sentido que nunca chega. Unha paleta de cores na que se mestura o riso coa tristura, a sorpresa co predicible e onde mesmo hai cabida para a tenrura, a comprensión, o sufrimento ou a grima. Unha sucesión de antiheroes que pasan por diante do espectador e que o animan a entrar nun xogo dinámico no que calquera pode atoparse.

Reparto: Fran Godon e Toni Salgado / Dirección: Vanesa Sotelo / Iluminación: Fran Godón / Duración: Aprox. 65' o 70 '