Portal de tu Ciudad Alta

20/05/2014

DIANTE DO ESPELLO

📍 21:00 Teatro Principal

🎟️ 3 euros

Dúas mulleres en cadanseu cuarto de hotel a noite ou madrugada antes do seu “gran día”. Sarah está a preocuparse polos últimos detalles, nerviosa porque nunhas horas vai estrear a súa primeira gran obra na capital. Ruth está na cidade para presentarse a unha proba de selección a mañá seguinte e pensa na súa familia: nos seus fillos e o seu marido.

Os seus pensamentos só se ven entorpecidos polo ruído de cadanseu teléfono que, a modo de chamada para público, soa tres veces para avisar da aproximación da vida. Diante delas unha parede de espello cómplice e silenciosa, coa que falan, na que se miran, na que escriben e que as vai espindo pouco a pouco. A medida que avanzan as palabras vaise apreciando que teñen máis en común do que parecía.

Pemio Abrente de Textos Teatrais 2013preestrea: presentación e coloquioUt-Tópico TeatroReparto: Vanesa Sotelo e Yelena MolinaDirección: Fran Godón