Portal de tu Ciudad Alta

07/02/2014

ANDREA MOTIS & JOAN CHAMORRO GROUP

📍 21:00 Teatro Principal

🎟️ 15 euros / 12 euros (anfiteatro)

Esta nova artista, Andrea Motis, canta cunha grande personalidade e ademais, toca o saxo e a trompeta. Do seu bo facer ten gran parte de responsabilidade o seu mentor Joan Chamorro. O traballo que está facendo este saxofonista (entre outros instrumentos) veterano do jazz catalán desde a Sant Andreu Jazz Band, a big band máis nova de Europa, é sensacional.

Andrea Motis. Nada en Barcelona fai 18 anos, voz, saxos soprano, alto e trompeta.
Trompetista como primeiro instrumento, pero moi boa saxofonista, alto e soprano. Comezou a cantar a principios de 2009 e foi nesta época que comezou, con só 13 anos, a colaborar con Joan Chamorro (recoñecido saxofonista e pedagogo). Desde entón realizou máis de 200 concertos, en Festivais de Jazz tan importantes como o de Barcelona, Peralada, Girona, etc. Este verán estivo de xira por diversos países como Suíza, Francia, Brasil, e no principio do ano fará unha xira por Turquía.

No ano 2010, con só 14 anos, grava o disco "Joan Chamorro Presenta Andrea Motis", un traballo onde Andrea toca todos os seus instrumentos, pero co que máis podemos sentir é coa súa voz...
O pasado ano publicou o seu ata agora, último disco 'Feeling good' con moi boa acollida.

Andrea aporta un novo xeito de cantar, sensible, cun timbre de voz moi característico e maduro para a súa idade, e no que non podemos deixar de sentir a súa propia condición de instrumentista.

Joan Chamorro (saxos baixo, barítono, tenor, alto e soprano, clarinete, clarinete baixo, frauta, corneta, contrabaixo)

Estuda a carreira clásica de saxofón no Conservatorio de Barcelona co profesor Adolfo Vendas e paralelamente obtén o título de Grado Superior o Taller de Musics de Barcelona.

Traballou con músicos de gran renome como Slide Hampton, Tete Montoliu, Frank Foster, Gary Smulyan, Dick Oatts, Bebo Valdes, Ralf Lalama, Nicholas Payton , Teddy Edwars, Frank Wess, Jessy Davis, Dennis Rowland, etc.

Nesta ocasión fanse acompañar doutros tres excelentes músicos: o pianista Ignasi Terraza, o batería Esteve Pi e o guitarrista Josep Traver