15/05/2014
AMANCIO PRADA
📍 21:00 Teatro Principal
🎟️ 20 euros / 15 euros (anfiteatro)
A Rosalía de Federico é un diálogo escénico de Amancio Prada con dúas das voces máis esenciais e conmovedoras da poesía española: Federico García Lorca e Rosalía de Castro.
“Levo a Galicia no corazón porque nela vivín e soñei moito”, dixo un Lorca admirativo do país de Rosalía, ao que viaxou en 1932 e en cuxo idioma escribiu os seus 'Seis poemas galegos'. Xa na súa primeira mocidade o poeta de Granada evocara, nunha dolente salutación elexíaca á súa irmá en tristeza a poeta de Padrón, aquela presenza desafiante fondura que o acompañaría o resto da súa vida.
Sobre unha idea orixinal de José Luís Gómez, Amancio Prada reconstrúe luminosamente as pegadas que polos camiños sen tempo da poesía conducen ao reencontro co ausente, a presenza de canto vincula á terra e as persoas coa memoria dos seus soños. É o facerse cargo do destino dos outros, a alianza cos humildes entendida como unha bela opción de estar no mundo, o que outorga unha asombrosa vixencia ao mandato das súas palabras.
Neste recital Amancio Prada aborda composicións inéditas ata hoxe no seu repertorio: a figura simbólica de Federico e Rosalía, de novo en viva voz, ante a paisaxe crítica dunha máis que común conciencia.
Amancio Prada voz, guitarra e zanfoña
Cuco Pérez acordeón
Dirección Carlos Aladro
Itinerario poético Juan Carlos Mestre
Deseño de iluminación Carlos Marquerie
Deseño de son I. Hita
Espazo escénico Marco Herreros
Produción executiva Margarita Taibo
Un espectáculo producido por Camaina Producións Artísticas sobre unha idea orixinal de José Luís Gómez, en coprodución co Teatro Español de Madrid e coa colaboración da Consellería de Cultura dá Xunta de Galicia.