Portal de tu Ciudad Alta

05/04/2014

NACH

📍 21:00 Sala Capitol

🎟️ 15 euros (anticipada) / 20 euros (taquilla)

NACH tennos afeitos a viaxar pola cidade a ritmo de rap. Os seus seis albumes musicais e a súa dilatada traxectoria profesional, de máis de 15 anos, aválano. Nesta ocasión, a viaxe continúa...

Pero agora NACH proponnos un vehículo distinto e, aínda que o decorado segue sendo a cidade, fonte de inspiración, regresa escoitando novas partes da alma, deixando oco á introspección, sen regras preconcibidas nin rimas enxauladas en ritmos ou esquemas determinados.

NACH, con esta nova entrega, demóstranos a súa multidimensionalidade como artista e invítanos a compartir a súa viaxe a través do SLAM ou, o que é o mesmo, a través da poesía oral interpretada.

LOS VIAJES INMÓBILES supón un voo sen motor, coa palabra como impulsor das emocións e coa música como catalizador das sensacións. Unha intensa viaxe cara ese, ás veces, esquecido e maltratado interior pero que non require rozamento nin esforzo físico. Aquí colle a existencia, o amor, a esperanza, a frustración, o medo e infinidade de sensacións, sempre coa cidade como telón de fondo. O peso compositivo da música corre a cargo do pianista MOISÉS P. SÁNCHEZ acompañando así cunha gran calidade e sensibilidade especial a todos os recitados deste disco.

Trátase dun traballo que vén demostrar, de novo, a polivalencia creativa de NACH, desmarcándose de calquera etiqueta ou tendencia pechada e demostrando que, máis alá de tribos, de culturas e de modas, é un artista que flúe sobre as augas da máis candente actualidade sen perder o amor pola poesía de formatos máis clásicos. Porque en toda a súa amplitude e grandeza, NACH é un artista da palabra.