02/04/2014
ROI CASAL
📍 21:00 Teatro Principal
🎟️ 8 euros (anticipada) / 10 euros (taquilla)
O compositor e cantante galego, considerado unha das referencias da música galega actual, mostrará unha versión moito máis pop da que nos ten acostumados, onde se seguirán a combinar elementos da tradición como a arpa céltica, a zanfona ou o bouzouki xunto coa modernidade na produción musical á que nos ten acostumados.
Roi Casal e a súa banda presentarán en vindeiras datas o seu terceiro traballo discográfico, logo do éxito da xira que acaba de rematar con máis de 50 concertos e 10.000 discos vendidos só en Galicia.
Con este novo disco, Roi Casal, acompañado da voz de Silvia Ferre e do resto de integrantes da banda, trasladará ao público esa ambición que o caracterizou dende o seus comezos. Unha sonoridade que segue a transmitir a forza e personalidade propia que o diferenza no panorama musical actual.