01/03/2014
SONDESEU
📍 20:30 Auditorio Novagalicia Banco
🎟️ Patio butacas e Anfiteatro 1: 8 euros (anticipada) / 11 euros (billeteira) Anfiteatro 2: 6 euros
Coa edición do seu cuarto disco, 'Danzas Brancas', Sondeseu confirma a consolidación dun proxecto no que espectáculo e virtuosismo camiñan da man.
Froito dunha experiencia didáctica levada a cabo no Departamento de Música Tradicional e Folk da Escola da Artes e Oficios de Vigo (actual ETRAD), nace Sondeseu como a primeira orquestra estable de Europa con repertorio folk: unha formación de corenta músicos que interpretan música tradicional de Galicia arranxada especificamente para una ampla variedade de instrumentos: zanfonas, arpas, gaitas, voces, percusións, violíns, bouzoukis, contrabaixo e requintas.
A súa irrupción no panorama folk, na edición de 2004 do Festival do Mundo Celta de Ortigueira, foi referendada por unha enorme aceptación entre os públicos más heteroxéneos, tanto de España como de Europa. A combinación de instrumentos tradicionais e outros procedentes do folk dá lugar a un timbre único, tan característico desta formación como a enerxía que se desprende do escenario e que, invariablemente, acaba contaxiando á audiencia.
Ademais de Ortigueira, cómpre destacar no seu currículo os concertos no CeltFest de Cork (Irlanda, 2005 e 2006), no festival Etnohelmántica (Salamanca), Helsinki Music Centre, Intercéltico de Lorient (Bretaña, 2006 e 2009), Expo-Zaragoza 2008, Celtica Aosta ou Teatro Circo Price.
Sondeseu encabezou entre 2010 e 2012 o Proxecto ENFO (siglas en inglés da Rede Europea de Orquestras Folk). Auspiciado pola Axencia Europea para a Educación e a Cultura (EACEA) e orientado á constitución en Europa de novas orquestras de música folk, este programa levou á formación a Italia e Finlandia.
En decembro de 2013 Sondeseu Orquestra Folk de Galicia levou a cabo en Vigo presentación do álbum Danzas Brancas, o seu cuarto traballo discográfico.
Sondeseu Orquestra Folk de Galicia está dirixida por:
Rodrigo Romaní. Director executivo de Sonde-seu Orquestra Folk de Galicia. Dirixe a sección de arpas.
Anxo Pintos. Director da sección de zanfonas.
Xosé Liz. Coordinador das seccións de Requintas e Bouzoukis.
Alfonso Franco. Responsable da sección de violíns.
Francisco Javier Feijoó, “Chisco”. Director da sección de canto da Orquestra.
Xaquín Xesteira. Director das seccións de percusións e gaitas.