14/02/2014
UTE LEMPER
📍 21:00 Auditorio Novagalicia Banco
🎟️ 25 euros (patio butacas e 1º anfiteatro) / 20 euros (2º anfiteatro)
Ute Lemper, unha das artistas internacionais de maior relevancia na actualidade, visitará Santiago para presentar o seu novo disco, 'Forever: the love poems of Pablo Neruda'. Con este novo disco Ute Lemper rende homenaxe á obra que o poeta chileno Pablo Neruda escribiu durante o seu exilio, sempre desde a visión que esta carismática artista imprime a todas as súas composicións.
A extensa e variada carreira de Ute Lemper deixou a súa impronta no escenario, o cine, en concerto e en gravacións discográficas. Foi eloxiada internacionalmente polas súas interpretacións das Berlin Cabaret Songs, da obra de Kurt Weill e da chanson francesa, así como polas súas actuacións en Broadway, París e Londres. O seu álbum, Ute Lemper: Between Yesterday and Tomorrow (2008) é unha peza única xa que todas as cancións son composicións propias.
Ute Lemper naceu en Münster (Alemaña) e cursou os seus estudos na Escola Superior de Música e Danza de Colonia e no Instituto do Teatro Max-Reinhardt-Seminar de Viena. Debutou profesionalmente nos papeis de Grizabella e Bombalurina na produción vienesa do musical Cats, continuou coa parte protagonista en Peter Pan (Berlín) e coa de Sally Bowles en Cabaret, na versión escénica de Jerome Savary (París), actuación galardoada co premio Molière á mellor actriz de musical. Actuou tamén en Der blaue Engel, como Lola e o coreógrafo Maurice Béjart creou para ela o ballet A Mort Subite. Ademais, actuou en moitas das Weill Revues coa compañía de danza de Pina Bausch, e interpretou a parte de Velma Nelly, pola que foi galardoada co Laurence Olivier Award, na produción londiniense do musical Chicago.
Como solista en concerto percorreu todo o mundo xunto ás orquestras de maior renome. As súas gravacións para Decca inclúen Ute Lemper Sings Kurt Weill, Die Dreigroschenoper, Die sieben Todsünden, Mahogonny Songspiel, Prospero's Books (Nyman), Songbook (Nyman/Celan), Illusions (Piaf/Dietrich), City of Strangers (Prever/Sondheim) e Berlin Cabaret Songs. En 2003 saíu But One Day e recentemente un álbum e un DVD en directo en Carlyle, un dos cabarés máis actuais de Nova York. Tamén gravou para CBS e Polydor. No cine traballou con Pierre Granier-Deferre, Peter Greenaway, Ivan Dikhovichni e Robert Altman, entre outros directores.