12/02/2014
CORASONS
📍 21:00 Teatro Principal
🎟️ 15 euros / 12 euros (anfiteatro)
O ciclo Sons'14 acolle o concerto de presentación de CoraSons, un proxecto audiovisual e literario da editorial Kalandraka. Unha numerosa selección dos artistas involucrados en CoraSons participará neste especial concerto que se celebrará mércores 12 de febreiro no Teatro Principal de Santiago.
Con textos do colectivo CoraSons e fotografías de Isabel Leal, este proxecto artístico reúne fotografía, música e documental, con intérpretes galego-lusófonos latexando unidos nunha lingua común. Sentimento, ledicia e liberdade nun libro-cd-dvd que agroma do amor.
Confirmaron a súa asistencia en Santiago: Xoán Curiel, Najla Shami, Uxía, Aline Frazäo, Sergio Tannus, Carlos Blanco, Isabel Leal, Rui David, Budiño, Luanda Cozetti, João Afonso, Norton Daniello, Magín Blanco
“… Corações de Galiza, Portugal, Brasil e Angola pulsando, batendo e emocionando na mesma lingua con «sotaques» diferentes” [Fragmento do limiar, de Uxía]
CoraSons é unha experiencia artística que xurdiu nas redes sociais e inicialmente materializouse nunha exposición de fotografías de Isabel Leal e nun recital coa participación de varios músicos na Casa das Crechas de Santiago de Compostela.
A ese encontro seguiulle un concerto celebrado na Illa de Arousa ao que se sumaron máis de 40 intérpretes e que se plasmou nun documental gravado por Paco Abelleira. Agora, da man de KALANDRAKA, o proxecto que dirixe Uxía convértese nun libro-cd-dvd con 19 temas e cunha película de hora e media.
Cada imaxe conta unha historia feita canción. A natureza, a vida cotiá, a arquitectura, as sombras, a xeometría ou a imaxinación son os escenarios que se recrean partindo da forma e da simboloxía do corazón. Mais, lonxe do enfoque romántico, CoraSons trata sobre a afectividade, os sentimentos, as emocións, a amizade, e reivindica latexarmos unidos. Músicas quentes para tempos xélidos, corazón-coraza para tempos incertos.
“Cada imagem conta uma história, um momento irrepetível, adquirindo múltiplos sentidos, para quem contempla. Recriar, improvisar, jogar com os reflexos e com a desfocagem, procurar a geometria da minúcia, desafiar as sombras e a magia, ousar a poesia e a simplicidade, dar à luz cor e metáforas…” [Fragmento do limiar, de Isabel Leal]
“Unha mostra, encontros, química, música… E amizade, por cima de todo a amizade… e a lingua común” [Fragmento do limiar, de Carlos Blanco]
“… Este documental musical pretende deixar constancia desta historia. Una historia diferente. Una historia única. Una historia de amizade” [Fragmento do limiar, de Paco Abelleira]