09/05/2014
Boo Boo Davis
📍 21:30 Sala Capitol
🎟️ 14 euros (anticipada) / 17 euros (taquilla) 25 entradas dobles a 14 euros (2x1)
Boo Boo Davis, un supervivinte, pertence ás últimas xeracións de músicos que escriben e tocan o blues baseado na experiencia de primeira man dunha vida dura no delta do Mississippi, onde naceu en 1943. Desenvolveu a súa forte voz e os seus inquebrantables e sentidos bramidos recreándose nos cantos que escoitou naqueles campos de neno; unha voz que ao longo dos anos impactou e estremeceu a audiencias de todo o mundo. O veterano James “Boo Boo” Davis lanzará en marzo o que será o seu noveno disco e por primeira vez recalará en Compostela para amosar o verdadeiro “raw power blues” do Mississippi.
Codetickets, A Reixa Tenda, Miranda,
Discos Elepé (Vigo), salacapitol.com
Codetickets, A Reixa Tenda, Miranda,
Discos Elepé (Vigo), salacapitol.com