22/05/2014
Guadalupe Plata
📍 21:30 Sala Capitol
🎟️ 10 euros (anticipada) / 13 euros (taquilla)
Guadalupe Plata son o grupo español de blues-rock do momento. O seu son lémbranos o blues máis tóxico, áspero e polvorento fusionado co feitizo que transmite o cante jondo, outra das paixóns da banda de Úbeda.
O 2013 foi o ano do seu terceiro disco, de novo sen título, e a confirmación en escenarios de España e América dunha das bandas máis exquisitas e orixinais da actualidade.
O 2013 foi o ano do seu terceiro disco, de novo sen título, e a confirmación en escenarios de España e América dunha das bandas máis exquisitas e orixinais da actualidade.