Portal de tu Ciudad Alta

22/02/2014

Pedro e o lobo

📍 18:30 Novagalicia Banco Auditorio

🎟️ 5 euros / entrada familiar: 4x3 (15 euros)

A Real Filharmonía de Galicia e os títeres do grupo Per Poc interpretarán 'Pedro e o lobo' de Sergei Prokofiev. Neste conto sinfónico cada personaxe está representado por un instrumento e unha melodía característica. Un espectáculo de marionetas de fío onde os personaxes foron deseñados pola ilustradora Roser Capdevila.

Ao principio do espectáculo, un actor presenta os personaxes e o instrumento que os representará. Durante o conto, as marionetas ilustran as accións que narra o actor e describe a música.

Os personaxes son: Paxaro - frauta; pato - óboe; gato - clarinete; avó - fagot; lobo - trompas; Pedro - instrumentos de cordo; cazadores - percusión.