23/02/2014
Contos do vento acatarrado
📍 18:00 Sala Agustín Magán (Santa Marta)
🎟️ 5 euros / entrada familiar: 4x3 (15 euros)
Un día que o vento estaba triste e acatarrado, pois o sol do mes de agosto andaba a mandar, –quentando de tal xeito que mais que quentar, queimaba -, o señor Don e a señora Dona dispóñanse a xantar debaixo dun limoeiro, aproveitando a sombra que esta árbore lles regalaba...cando sentiron un xemido escachado...era o vento que se laiaba de dolor. Nun transo de febre, o vento que era tan vello coma o mundo, entre esbardalle e esbardalle, contoulles unhas historias tan incribles como estraña era a súa ciencia.
Espectáculo dirixido a tódolos públicos que mestura actores e marionetas, dirixido ó publico infantil e familiar e que dunha maneira sinxela e divertida achega ó espectador temas de interese social como o pacifismo, a ecoloxía e o respecto polo entorno natural, a solidariedade e o valor da amizade.