Portal de tu Ciudad Alta

09/03/2014

Mamá Cabra

📍 Teatro Principal

🎟️ 5 euros / entrada familiar: 4x3 (15 euros)

MAMÁ CABRA - Cartas que veñen e van
12.30
recomendado: 2-7 anos
venda entradas: Teatro Principal (18-21h. de martes a sábado e o día do espectáculo a partir das 11h.)

Un día quixémoslle escribir unhas cartas a uns personaxes moi singulares que presentamos neste espectáculo Cartas que veñen e van, e pensamos: “Mellor que cartas de papel, ou electrónicas, ímolas facer musicais. Aforramos papel e gasto de luz. E ademais, servirán para que os nenos e as nenas tamén as canten e as bailen con nós”. A eles gustoulles. Esperamos que a ti tamén.

Mamá Cabra é un grupo de música infantil que mestura poesía, pezas do folclore e temas propios, cun enfoque lúdico, participativo e didáctico. Nos seus espectáculos sempre hai unha canción para falar da importancia de comer de todo, de bailar, de cantar...

MAMÁ CABRA - Bicos de música
18.30
recomendado: 3-11 anos

Bicos de música é un espectáculo dirixido, como é habitual, aos máis pequenos da casa, que contén cancións para bailar, viaxar, cruzar a rúa... Apoiándose nun guión cómico no que cada un dos músicos pasa a desenvolver un diferente rol, conseguen que as presentacións e as interpretacións sexan moito máis divertidas.

Mamá Cabra é un grupo de música infantil que mestura poesía, pezas do folclore e temas propios, cun enfoque lúdico, participativo e didáctico. Nos nosos espectáculos sempre hai unha canción para falar da importancia de comer de todo, de bailar, de cantar...