28/02/2014
Standstill
📍 21.30 Auditorio Novagalicia Banco
🎟️ 17 euros (patio butacas) / 15 euros (anfiteatro 1) / 13 euros (anfiteatro 2)
SON Estrella Galicia presenta en colaboración co Concello de Santiago no marco do Ciclo Compostela Rock a Standstill. Chegan con Cenit, o espectáculo no que presentan ‘Dentro de la luz’, o seu sétimo disco, o cuarto en castelán.
Eles falan del así: “E a sensación ao acabalo é a de facer, posiblemente, o noso mellor disco. Quizais é pronto para valoralo, aínda que é unha sensación que, desde logo, non se ten sempre. En calquera caso, a intención nun principio foi, simplemente, atopar, con poucos e claros elementos, o noso son a día de hoxe, e facer un disco compacto con iso (parece unha obviedade pero, por exemplo, co anterior "Adelante, Bonaparte" era case o contrario).
As cancións eran máis luminosas, a "banda" máis incorporada que nunca ás composicións, as letras e o momento a comunicar, sen dúbida, menos melancólico, máis vitalista... A sensación xeral foi de estar, de feito, revitalizados.
Os elementos cos que queriamos xogar resultábannos estimulantes: moitas voces, moitas percusións, sintetizadores (non hai ningún baixo no disco)... e entendemos que, dalgunha forma, podiamos buscar o noso son no contraste entre a nudez/pureza da voz humana (coral incluída), e unha instrumentación esencialmente fría, sintética e atropeladora; parecíanos que podía defender ben uns textos que, en esencia, falan dunha alma que se busca a si mesma e un mundo (herdanza cultural, herdanza familiar, etc...) con fins propios, que interfire constantemente nese camiño.
"Dentro de la luz", debido a importantes cambios persoais, e a diferenza de discos anteriores, pregúntase como esa herdanza interfire tamén e quizais sobre todo no amor; no sentido e lugar que este ocupa nas nosas vidas. O disco está cheo de preguntas directas ou indirectas nesa dirección. Na medida na que un é capaz de (re)coñecerse a si mesmo, pode pór o amor no lugar adecuado e, en definitiva, ser capaz de amar. O disco acaba sendo, nese sentido, unha celebración por atopar a esa outra persoa. Ábrese así un ton e unha perspectiva nova: de renacemento, de esperanza e de espiritualidade no sentido mais amplo da palabra.
Dalgunha forma, esa reivindicación de pureza, e esa loita contra os fundamentos conservadores e materialistas, por chamalos dalgunha maneira, apela a unha especie de revolución pendente, mais solitaria, profunda e difícil. Todo iso podería emparentar "Dentro de la luz" con "Memories Collector" (2003), ou "Vivalaguerra" (2007) enerxética e conceptualmente, pero esta vez nun campo de batalla que pasa a ser un mesmo, en lugar dese suposto mundo exterior.”