Portal de tu Ciudad Alta

23/05/2014

GUERRERA + CRÓ!

📍 20.30 Zona C (Bonaval)

🎟️ 7 euros (anticipada) / 10 euros (taquilla)

GUERRERA son 4 apaixonados do blues máis sucio, a psicodelia nacional de bandas como Smash, Storm, Máquina, os grupos alemáns dos 70 como Neu!, Faust, Can, ou o rock acedo do Abraxas. Os integrantes do grupo son: Alex Canoura guitarra e voz, Hugo Santeiro guitarra, Álvaro Galego baixo, Luís Casanova batería. Actualmente acompáñaos en directo Rubén ao steel e Xavi ao teclado, os dous membros de Cro! tamén coñecidos como os fabulosos Fisting Brothers!!

Guerrera forma parte do colectivo METAMOVIDA co cal xa conseguiron a edición do seu recopilatorio. En decembro de 2012 editaron 'Under the gypsy sun' o seu primeiro vinilo que foi gravado completamente en directo nos estudos Planta Sónica II e financiado mediante crowfunding por máis de 100 seguidores.

CRÓ! A música flúe facilmente entre os catro músicos e o vídeo artista creando novos espazos e texturas no contexto do rock. A banda estivo tocando durante os 2 últimos anos e agora conseguiron un son e imaxe identificativos. O primeiro LP foi presentado nunha xira que os levou por País Vasco, Francia e Barcelona, volvendo con forza para presentalo en casa. Cró! está formado por: David Santos - Baixo, Cibrán Rei - Bateria, Ruben Abad - Guitarra e voz, Xavier Núñez - Teclados, voz Borja Bernardez- Visuais en tempo real

Os concertos de Cró! son un auténtico espectáculo de música e imaxe. Os 4 músicos interrelaciónase co vídeo artista en tempo real. Isto quere dicir que as proxeccións non son aleatorias nin estritas co tempo senón que os clips de vídeo son axustados e manipulados durante o concerto de forma natural e musical. As proxeccións interpretan a música e inspírana, xerando sensacións e ambientes que envolven ao público ao longo de todo o espectáculo.

O seu Onkalo (autoeditado, 2012) fixo á banda dar un salto de calidade, proxección e visibilidade grazas á súa fenomenal composición, o encaixe perfecto e definitivo dos catro membros e unha vontade imparable de levar a súa aposta ata as últimas consecuencias. É esta mesma vontade a que lles levou nos últimos dous anos a xirar por toda España e parte de Europa (Portugal, Francia, Alemaña) e destacar con multitude de recoñecementos, sendo por exemplo os ganadores na categoría Rock do Vila de Bilbao ou estando nomeados para múltiples Premios.