Portal de tu Ciudad Alta

09/02/2014

Vaia banda! Odaiko Percussion Group e Banda Municipal de Música

📍 12:30 Teatro Principal

A integración dos instrumentos de percusión no contexto das agrupacións clásicas, orquestra ou banda, achega unha infinidade de timbres que dan cor e variedade a un espectáculo no que as posibilidades da percusión son case ilimitadas. Obras clásicas reinterprétanse en termos percusivos ofrecendo unha nova escoita que de seguro non deixara ao público indiferente.