Portal de tu Ciudad Alta

01/05/2014

WHY GO

📍 20:30 Zona "C"San Domingos de Bonaval 1

🎟️ 5 euros (anticipada) / 7 euros (taquilla)

WHY GO é unha banda viguesa con máis de dez anos de historia ás súas costas. Neste 2014 presenta o seu segundo álbum chamado "Kara", onde se mesturan de xeito especial diversas áreas artísticas. Baixo o formato de libro-cd, unen ás súas mans as artes da ilustración, o relato curto e a música, para expresar unha serie de sentimentos universais para as xentes do mundo actual. Acompañados polas ilustracións da artista moldava Natasha Lelenco, a banda realiza a súa correspondente Banda Sonora Orixinal (BSO) onde predomina a variedade de matices e texturas musicais dentro do xénero rock experimental.