04/05/2014
Capas
📍 19:30 Teatro Principal
🎟️ 14 euros (12€ no anfiteatro)
O acto de ser anfitrión é un acto recuberto de capas. Chegar, atoparse e estar dispostos a partir... unha forma de vida. Convidámosvos a entrar entre cheiros de casa e sons de memoria, a compartir as nosas ilusións, a gozar de momentos brillantes, catastróficos, íntimos ou sinceros. Unha volta ás nosas orixes cun transfondo de xenerosidade lévanos a descubrir os nosos segredos e os nosos mundos, desposuíndonos das capas que nos cobren para ensinar o noso ser.